publicidade hoxe

Música, actividades e artesanía tomarán a carballeira de San Martiño na feira da Terra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTeo
A-
A+

A Asociación A Carballeira, coa colaboración do Concello de Teo, organiza unha edición máis da Feira da Terra na carballeira de San Martiño no lugar de Francos o próximo domingo 28 de xuño. Desde a media mañá haberá mercado con diversos postos de horta, alimentación, restauración ou artesanía, creándose así un espazo de compravenda de produtos da terra.

Ademais do mercado a feira procura unha xornada de lecer onde haberá charlas e obradoiros sobre alimentación restauración e horta e xogos tradicionais.

A animación musical será outro dos pratos fortes xa que o grupo local A Rexionalista, os percusionistas Os Fondaos do Pífaro e a sempre animada actuación do Ce Orquestra Pantasma tratarán de animar a todas as persoas que asistan á carballeira de Francos. 

Outra das actividades orixinais que se presentan nesta feira ás persoas que se acheguen a ela é o bautismo hípico, grazas á colaboración da escola de equitación do Centro Hípico Haras de Compostela.

25 de xuño de 2015 | 19:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.