publicidade hoxe

Medio Ambiente conclúe a mellora do abastecemento de auga en Abeleda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Teixeira
A-
A+

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas vén de concluír as obras de mellora do abastecemento de auga en Abeleda, no Concello da Teixeira e procedeu á súa entrega. Augas de Galicia executou esta actuación que implicou un investimento de máis de 200.000 euros.

Con estas obras dáse solución ás carencias de abastecemento do núcleo de Abeleda, que só conta con dous depósitos de auga, de 50 e 100 m3,que resultaban insuficientes.

Co obxectivo principal de facilitar o abastecemento de auga a todos os habitantes do núcleo de Abeleda,  instalouse unha nova condución de tubo de polietileno cunha lonxitude de 4.564 metros que parte desde o depósito existente na Teixeira. Este novo aporte ten unha capacidade de 100 m3, co que se asegura que a poboación disporá de pleno abastecemento, xa que a fonte de alimentación é unha ETAP con captación no río Vaos, ata o de Abeleda.

Este servizo permitira dar servizo de abastecemento a unha poboación de máis de 200 habitantes, contando cos crecementos futuros.

A partir da entrega das obras, o Concello da Teixeira será a administración encargada do mantemento e conservación da infraestrutura hidráulica.

 

30 de xuño de 2015 | 13:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.