publicidade hoxe

Mañá remata o prazo para solicitar o permiso de fogueira de San Pedro en Ribadumia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRibadumia
A-
A+

O Concello de Ribadumia recorda ós veciños de Ribadumia que mañá remata o prazo para presentar as solicitudes de permiso para as fogueiras de San Pedro. As persoas interesadas deben cubrir un documento, que poderán recoller na Casa da Cultura de Ribadumia,  e a través do cal asumen a responsabilidade da fogueira. A praza límite para facer a solicitude é mañá e pode recollerse na Casa da Cultura en horario de 9:00 a 14:00 horas.

Por outro lado, o prazo para as fogueiras de San Xoán xa terminou, e o Concello de Ribadumia tramitou 108 solicitudes para a noite máis corta do ano. Tendo en conta o alto número de solicitudes, desde o Concello de Ribadumia chaman á responsabilidade dos veciños para que adopten as medidas de seguridade necesarias, cuxas normas de obrigado cumprimento se inclúen na propia solicitude de autorización. Así, o volume do combustible da fogueira non superará os 8 metros de perímetro e os 3 metros de altura; a separación entre as fogueiras e os edificios e as árbores serán como mínimo de doce metros; terase especial coidado de non situalas baixo tendidos eléctricos ou telefónicos; prohibirase a queima de pneumáticos, plásticos, espumas de poliuretanos, aceites.

Ademais, os responsables da organización coidarán de que as cinzas queden totalmente apagadas e comprométese a retirar do lugar da celebración todos os restos que queden nun prazo máximo de 48 horas. 

Ribadumia é un municipio con grande tradición festiva en San Xoán, celebración na que participan coa creación de numerosas fogueiras en diversos puntos do concello. Por todo iso, dende o Concello pídese a máxima responsabilidade por parte dos veciños na comunicación das mesmas e en cumprir todos os requisitos esixidos. 

22 de xuño de 2015 | 17:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.