publicidade hoxe

Máis dunha vintena de espectáculos na Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioRibadavia
A-
A+
Europa Press

O concello ourensán de Ribadavia acollerá, entre o 18 e o 25 de xullo, a XXXI Mostra Internacional de Teatro (MIT), centrada nesta ocasión na “hibridación” de linguaxes e xéneros escénicos na creación contemporánea e a autoría dramática actual. Aínda que o programa completo non se presentará ata a semana próxima, a organización xa avanzou que se esperan 21 espectáculos de compañías procedentes de distintos puntos de España, pero tamén de Francia, Italia, Portugal, Chile e Arxentina.

Ademais, a través dun comunicado, indicou que este ano se celebrarán os ‘Foros da MIT Ribadavia’, un espazo de debate, entrevistas e talleres cos creadores e usuarios que visitan a mostra. Servirán para intercambiar experiencias e haberá mesas redondas moderadas por xornalistas, profesores e políticos, entre outros. Así mesmo, con motivo do décimo aniversario do premio Abrente de textos teatrais que convoca o festival, profundarase nas pezas e no traballo dos artistas escénicos.

17 de xuño de 2015 | 11:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.