publicidade hoxe

Mais de 400 xóvenes participan na clausura das escolas deportivas municipais de Soutomaior

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSoutomaior
A-
A+
Clausura das escolas deportivas

Clausura das escolas deportivas

Tras un intenso curso de actividades enfocadas a potenciar a práctica do deporte en diversas disciplinas, as Escolas Deportivas Municipais do Concello de Soutomaior dan por finalizada a tempada 2014/15. O pavillón da Montesiña acolleu este fin de semana o acto de clausura no que participaron os máis de 400 nenos e nenas que asisten ás diferentes modalidades que  ofrecían as escolas durante o ano.

A celebración comezou cunha demostración onde os alumnos das modalidades de Iniciación ao deporte, Ximnasia Rítmica, Patinaxe, Padel, Tenis infantil e a escola de Baloncesto, entre outros, exhibiron ante as miradas de asombro dos seus pais os coñecementos adquiridos durante o ano. Á festa uníronse varios clubs deportivos locais que tamén tiveron o seu lugar no desfile como o Club KickBoxing Arcade, XimnasiaTreboada Pontevedra, Amigos do Whu-shu Sanda ou o Club de Patinaxe Soutomaior, que deleitou aos asistentes coa súa espectacular representación.

O Alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, agradeceu o esforzo dos  monitores e participantes para levar a cabo estas actividades que “crecen e melloran ano tras ano”, manifestou o edil, que engadiu “ademais estamos a mellorar as instalacións e contamos con técnicos moi cualificados e formados. Todo isto suma e nótase”.

A xornada terminou coa foto oficial das Escolas Deportivas 2014-2015 e a despedida dos alumnos ata o mes de outubro, en que volverán reencontrarse na próxima edición das actividades municipais do Concello  de Soutomaior.

1 de xuño de 2015 | 18:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.