publicidade hoxe

Máis de 2.300 deportistas participarán o domingo na VIII Baixada Popular de Cross de San Pedro de Visma

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaDeportesDeportes Portada
A-
A+

O vindeiro domingo, día 28 de xuño, 2.358 deportistas tomarán a salida na VIII Baixada Popular de Cross de San Pedro de Visma . Trátase unha singular carreira con 2 Km de asfalto e o resto campo a través que discorrerá polo Parque de Bens. O percorrido ten como punto de saída e chegada o centro cívico do barrio, pero a distancia variará en función da idade dos atletas, desde o 6.490 m para os competidores adultos, que darán unha volta ao parque de Bens, ata o 150 m que terán que percorrer os corredores menores de 7 anos, da categoría “pitufos”.

A carreira dará comezo ás 10:30 h coa categoría absoluta, ás 10:35 h darase a saída ás categorías xuvenil e cadete, para finalizar cos infantís, alevíns, benxamíns e “pitufos”, que irán tomando a saída sucesivamente coa distancia adaptada a cada unha delas. Os horarios de saídas e distancias serán:

Absoluta 10.30 h. 6.490 m. aprox.

Xuvenil 10.35 h. 2.300 m. apox.

Cadete 10.35 h. 2.300 m. aprox.

Infantil 11.30 h. 1.600 m. aprox

Alevín 11:45 h. 800 m. aprox.

Benxamín 12.00 h. 800 m. aprox

Pitufo 12.15 h. 150 m.

Os dorsais poderanse recoller o sábado no Centro Cívico de San Pedro de Visma, en horario de 11 a 13.30 h e de 17 a 20.30 h, e o domingo nas zonas habilitadas para o efecto no lugar de saída, ata 1 hora antes do inicio de cada carreira.

Unha vez finalizadas as carreiras, realizarase a entrega de premios ás 12.30 horas. A próxima proba do III Circuíto Coruña Corre terá lugar o día 12 de xullo no barrio do Ventorrillo, coa celebración da súa terceira edición, para concluír finalmente o 9 de agosto coa IV Carreira Popular Volta a Oza.

TRÁFICO

Desde as 08.30 até as 13.00 horas estará cortado o tráfico na rúa San Pedro de Visma, no tramo comprendido entre a igrexa e a CP 3003 (rúa Ánimas) para montaxe da meta. Os accesos aos garaxes quedarán cortados desde as 10.00 horas.

Ás 10.15 horas cortarase o tráfico na CP 3003 desde o Parque de Bens até o Centro Cívico. A mesma hora xa non se poderá circular no cruce de Catro Ventos e na confluencia do Lugar do Río con Ronda de Outeiro, para evitar así achegarse á zona da carreira, pero os turismos poderán circular novamente a partir das 12.30 horas. Finalmente, os autobuses urbanos rematarán o seu percorrido en Catro Ventos. 2

26 de xuño de 2015 | 18:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.