publicidade hoxe

Máis de 150 rapaces participarán nas diferentes actividades do Concello de Salvaterra para eles durante o mes de xullo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSalvaterra de Miño
A-
A+

O Verán está enfocado para os mais pequenos da casa no Concello de Salvaterra de Miño, cun abanico diferente de actividades, por un lado talleres de cociña tradicional para nen@s de 14 a 18 anos, campamento de verán ao aire libre, con xogos, talleres, manualidades, actividades deportivas…, paran nen@s de 6 a 13 anos e para os mais pequeniños, os de 4 a 7 anos, actividades na biblioteca, con lectura, xogos didácticos, manualidades, etc. Ademais para os estudantes de Bachiller e ESO un curso intensivo de Chino.

Unha alternativa variada de actividades co fin de que os nenos e nenas do municipio pasen un verán divertido e diferente acompañados de  mais nenos, reforzando hábitos saudables, a comunicación e interacción cos demais nenos e nenas, ademais de axudar a conciliación da vida laboral e familiar con estas propostas.

24 de xuño de 2015 | 11:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.