publicidade hoxe

Lousame organiza un curso gratuíto de fruticultura ecolóxica dirixido a mulleres

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLousame
A-
A+

O Concello de Lousame organiza un curso de fruticultura ecolóxica, de 25 horas teóricas e prácticas, que terá lugar durante o próximo mes de xullo. Un curso totalmente gratuíto e dirixido a mulleres veciñas de Lousame, xa que está incluído dentro do Programa de Fomento do Autoemprego das Mulleres subvencionado pola Deputación Provincial da Coruña.

O Concello de Lousame convoca vinte prazas neste Curso de Cultivo Ecolóxico de Froiteiras Autóctonas, cuxas datas e horarios se acordarán coas veciñas que se anoten na Concellería de Igualdade ou no 981 820 494. O alumnado adentrarase no mundo da fruticultura e da agricultura ecolóxica, para despois profundizar en cuestións como a poda e o tratamentos sanitarios das froiteiras autóctonas. A segunda parte do curso (16 horas) será eminentemente práctica e incluirá prácticas de poda, enxertos e visitas a explotacións froiteiras de Galicia.

 

26 de xuño de 2015 | 18:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.