publicidade hoxe

Laxe será o próximo destino da campaña de Come O Mar do Grupo de Acción Costeira Costa da Morte

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA LarachaLaxe
A-
A+

En Laxe o Venres 26 e en Caión o Domingo 28 instalarase un posto de cociña, no que o chef Adrián Felipez preparará 2 pratos con base mariñeira.

Os asistentes poderán aprender as receitas, sorprenderse coa súa elaboración e degustar exquisitos pratos.

Horarios das actividades:

SHOWCOOKING “O ESPECTÁCULO DE COCIÑAR O MAR” EN LAXE Venres 26 de xuño de 10.30 a 12.00 horas.  Na praza enfronte o Concello.

SHOWCOOKING “O ESPECTÁCULO DE COCIÑAR O MAR” EN CAIÓN. Domingo 28 de xuño de 12.00 a 14.00 horas na praza da vila.

 

24 de xuño de 2015 | 13:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.