publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Investígase a morte dunha octoxenaria achada nun estanque en Cospeito

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCospeitoPortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

A Garda Civil de Lugo investiga o falecemento dunha muller de 85 anos cuxo corpo foi localizado flotando nun estanque no barrio de Infesto, no municipio lucense de Cospeito. Os axentes persoaronse no lugar sobre as 20,45 horas do martes, segundo informaron este mércores fontes do Instituto Armado en relación a este suceso.

Familiares da anciá falecida sacárona do estanque, dun metro de profundidade, onde foi achado o corpo e trasladárono ao interior da vivenda da muller. O médico forense certificou a morte, tras o que o corpo foi levado para practicárselle a autopsia no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) co fin de coñecer as causas. A falecida é unha veciña de Cospeito de 85 anos. Nas súas primeiras declaracións, familiares apuntaron á Garda Civil que se puidese tratar dun suicidio.

17 de xuño de 2015 | 13:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.