publicidade hoxe

Investígase a morte dunha muller cuxo corpo foi atopado con sinais de arma branca nun terreo na Pobra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Pobra do CaramiñalSucesos
A-
A+
Europa Press

A muller cuxo corpo foi achado na noite do domingo con feridas de arma branca nunha leira no municipio coruñés da Pobra do Caramiñal presentaba varias coiteladas no costado. Segundo informaron  fontes próximas á investigación, o corpo da falecida, duns “corenta e pico anos”, foi achado polo propietario da parcela na que se atopaba na Fandiña cando este ía regar.

Ao lugar acudiron axentes da Policía Local da Pobra e da Garda Civil, así como medios do 061 e a comisión xudicial, que, sobre a 1,30 horas deste luns, ordenou o levantamento do cadáver e o seu traslado para practicarlle a autopsia.

O corpo foi localizado con feridas de arma branca pasadas as 21,00 horas do domingo nun terreo no lugar da Fandiña, no municipio da Pobra. A Garda Civil abriu unha investigación, que está baixo segredo de sumario, para tratar de esclarecer os feitos.

8 de xuño de 2015 | 10:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.