publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Imputan ao presunto autor dun incendio forestal en Toén

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPortada dereitaSucesosToén
A-
A+

O Equipo de Investigación de Incendios Forestais da Policía Autonómica en Ourense informaron hoxe da imputación dun veciño de Xinzo de Limia como presunto autor dun incendio forestal no Concello de Toén, Ourense. A Policía da Xunta de Galicia contou coa colaboración permanente dos axentes forestais do distrito nº12, Miño Arnoia, que facilitaron o esclarecemento deste lume, acontecido na noite do pasado martes, 26 de maio, e no que arderon 600 metros cadrados de monte raso.

As dilixencias entregáronse no Xulgado de Instrución de garda de Ourense. No que vai de ano, xa son 18 as persoas imputadas pola Policía Autonómica como presuntas autoras de lumes nos montes galegos.

1 de xuño de 2015 | 17:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.