publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Impártese sensibilización en corresponsabilidade nos centros de ensino de Verín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVerín
A-
A+

Dentro do proxecto transnacional “Equilibrio/Balance: por una conciliación corresponsable”, do que forma parte o Concello de Verín, promóvese a realización de actividades de sensibilización en corresponsabilidade nos centros de ensino do municipio. As mesmas consistirán en charlas de sensibilización sobre corresponsabilidade por parte de profesionais da Cruz Vermella. Serán impartidas en centros de ensino de sencundaria do municipio de Verín.

O proxecto “Equilibrio/Balance: por una conciliación corresponsable” ten por obxecto a  posta en funcionamento de medidas de conciliación da vida persoal, familiar e laboral da cidadanía. O mesmo está liderado polo Instituto de la Mujer y para la Igualdad de Oportunidades, en colaboración coa Federación Española de Municipios y Provincias (FEMP) e a Asociación Noruega de Autoridades Locales y Regionales (KS), e está financiado polo Mecanismo Financiero del Espacio Económico Europeo. Este plan axústase a realidade existente e aséntase nos seguintes tres eixes:

EIXE 1: Xerar conciencia e comportamento social corresponsable.

- Visibilizar e valorar os traballos de coidados (atender aos nosos maiores e menores dependentes).

- Motivar a colectivos sociais coma o profesorado e empresariado local para que exerzan una cidadanía activa a favor da corresponsabilidade e conciliación.

- Favorecer que o alumnado dos centros educativos tome conciencia da importancia dos coidados, asumindo responsabilidades e actitudes na súa vida cotiá.

- Proporcionar ferramentas para levar a cabo iniciativas no ámbito privado, educativo e empresarial.

EIXE 2: Desenvolvemento de cultura empresarial baseada na corresponsabilidade.

- Creación de sinerxias entre a administración pública e o tecido empresarial.

- Formar, informar e sensibilizar dos valores da igualdade e corresponsabilidade entre o tecido empresarial local.

- Acompañamento, asistencia técnica ao tecido empresarial na posta en marcha de plans ou medidas de conciliación.

EIXE 3: Prestación de servizos que faciliten a conciliación da vida persoal, familiar e laboral da cidadanía.

- Fomentar e facilitar o aproveitamento do tempo libre, potenciando a importancia dunha correcta distribución do mesmo.

- Ampliar espazos destinados á infancia e xuventude permitindo una mellor conciliación dos proxenitores.

O proxecto “Equilibrio/Balance: por una conciliación corresponsable” conclúe a finais do 2015, pero a implementación do plan seguirá ata o ano 2018.

9 de xuño de 2015 | 18:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.