publicidade hoxe

Ignacio Codesido foi nomeado alcalde de Touro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTouro
A-
A+
Nova corporación de Touro

Nova corporación de Touro

Ignacio Codesido foi nomeado hoxe alcalde de Touro no pleno celebrado esta mañán na sede consistorial de Touro. O alcalde foi investido co apoio do voto dos oito concelleiros do seu grupo do Partido Popular. Xoán Antón Louzao, do BNG, recibiu dous votos, e Gemma López, do PSdeG-PSOE, tivo o seu propio voto. O PP conta con maioría absoluta no pleno do Concello. Pasadas ás 12.00 horas foi proclamado alcalde de Touro, Ignacio Codesido, que destacou que seguirá traballando polos veciños e veciñas de Touro. Asegurou que está a disposición dos habitantes do Concello y, pese ás limitacións que poidan existir no eido económico, manifestou que seguirá comprometido con seu Concello. Tamén aproveitou para dar a benvida aos novos concelleiros que integran a corporación municipal. Figuran por primera vez como concelleiros Xoán Antón Louzado e Sandra Beis, do BNG, e Victoria Pazos, do Partido Popular. A nova corporación está composta por oito concelleiros do PP (Ignacio Codesido, Jesús Martínez, Alfredo Souto, Adela Iglesias, María Josefa Codesido, Manuel Puga, Raúl Miguez e Victoria Pazos) dous do BNG (Xoán Antón Louzao e Sandra Beis) e unha concelleira do PSOE (Gemma López).

13 de xuño de 2015 | 17:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.