publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Grupo Moreda solicita unha modificación puntual da PXOM de Cedeira para elevar o aproveitamento urbanístico dunha parcela

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCedeira
A-
A+

O Concello de Cedeira informou esta mañá de que o grupo Investimentos Financeiros Moreda SL, con sede en Foz, solicitou ao Concello a modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal para elevar o aproveitamento urbanístico dunha parcela da súa propiedade de 2.610 metros cadrados. Esa petición foi presentada por Rexistro con data do 20 de maio, fai menos de quince días, e reitera unha demanda cursada en 2013. Naquel entón, o Concello de Cedeira desestimouna ao recibir un informe negativo da arquitecta municipal. Agora, a diferenza entre unha e outra solicitude do Grupo Moreda, é o asinante do escrito.

A parcela para a cal se solicita a modificación do Plan de Urbanismo sitúase no Beco-Agrochail, á entrada do núcleo urbano de Cedeira. No seu día, os informes técnicos emitidos polo Concello sinalaban que a proposta debía ser formulada polo Concello e non por particulares; que o documento non definía todos os parámetros urbanísticos esixidos, así como que era necesario a obtención de informes por parte de diferentes organismos públicos competentes. Agora, a nova corporación deberá pronunciarse respecto diso.

3 de xuño de 2015 | 19:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.