publicidade hoxe

Gran éxito de público na Festa da Troita en Ponte Caldelas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPonte Caldelas
A-
A+

O Concello de Ponte Caldelas destacou o éxito de asistencia de público durante todo o fin de semana con motivo da XLIX Festa da Troita. Desde a primeira hora da tarde do sábado coa emisión do programa en directo “Aquí Galicia” da TVG na alameda, a afluencia de visitantes a Ponte Caldelas foi continua durante todo o fin de semana. Os festivais folclóricos e as actuacións musicais do sábado e domingo conseguiron o obxectivo de atraer a gran cantidade de público a Ponte Caldelas.

Perfecto Rodríguez destaca que con esta festa conseguiuse tamén xerar importante actividade económica na hostalaría local, que é o principal obxectivo, ademais de promocionar Ponte Caldelas en toda Galicia. O alcalde quixo agradecer a todos os colaboradores que axudaron na caseta de degustación coordinados por Enrique Lafuente, así como a todo o resto de persoas e operarios municipais que axudaron a que esta XLIX Festa da Troita fose todo un éxito.

1 de xuño de 2015 | 13:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.