publicidade hoxe

Gala do deporte en Xove

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesXove
A-
A+
Participantes na gala do deporte

Participantes na gala do deporte

Onte, domingo 14 de xuño, o Alcalde Demetrio Salgueiro, acompañado do Xefe do Servizo Provincial de Deportes de Lugo  Manuel Otero (Manolo Cadramón), da Concelleira de Deportes Cristina Iglesias e outras autoridades, realizaron a entrega dos premios aos deportistas máis destacados do Concello durante o último ano, nunha GALA celebrada no Salón de Actos do Centro Cívico, o cal estivo ateigado de público.

A gala, que contou coa presenza de moitísimos deportistas, así como técnicos e directivos das distintas asociacións,  foi conducida polo presentador xovense Rubén Pico.  A mesma comezou cunha exhibición do Grupo Senior da Escola M. de Ximnasia Rítmica de Xove, contando tamén coas actuacións dun  grupo de baile e música da Asociación Saiñas de Xove e do Mago Kiko.

A relación de premiados/as, segundo as distintas especialidades deportivas, foi a seguinte:

ATLETISMO

O premio e para DIEGO FERNÁNDEZ VICENTE DA ACD XOVE, por ser campión comarcal de Campo a Través. Conseguir nos Campionatos Provinciais de Atletismo; medalla de prata en 80 metros valla, medalla de prata en salto de lonxitude, medalla de ouro en 1000 metros lisos e acabar de participar no Campionato Galego de Atletismo con moi bos resultados.

BALONCESTO

Premio para ROCIO FERNANDEZ, GABRIELA DAYAN, CLAUDIA MAGALLANES, CANDELA FERNANDEZ, DAVID VAZQUEZ E DIEGO FERNANDEZ, por gustarlles tanto o Baloncesto, asistir a tódolos adestramentos durante toda a tempada e o compromiso que teñen e por colaborar en todo ca escola de baloncesto.

BOLOS

Premio e para CARMEN ROCA CORRAL, DO CLUB DE BOLOS XOVE, por ser Subcampeona de España, na categoría Feminina.

ESQUÍ

– Premio para XEROME LÓPEZ SANTANDREU, por Campión da “Copa Cordillera Cantábrica de Esquí Alpino”, organizada polas federacións de deporte de inverno de Galicia-Asturías-Cantábria e Castela e León, tempada 2014-2015 na categoría U-12 HOMES, 3º Clasificado na “Audi Quattro Cup” de Valgrande-Pajares, 3º Clasificado no “Campeonato de Asturias”, 1º Clasificado no “Trofeo Cantabria”, 2º Clasificado no “Trofeo Coca-Cola” e 1º Clasificado no “Trofeo Federación, Castela e León”.

– Premio para CARLOTA LÓPEZ SANTANDREU, por Campiona da “Copa Cordillera Cantábrica de Esquí Alpino”, organizada polas federacións de deporte de inverno de Galicia-Asturías-Cantábria e Castela e León, tempada 2014-2015 na categoría U-10 DAMAS, 1º Clasificada na “Audi Quattro Cup” de Valgrande-Pajares, “Campeona de Asturias”, 1º Clasificada no “Trofeo Cantabria”, 2º Clasificada no “Trofeo Coca-Cola”, 1º Clasificada no “Trofeo Federación, Castela e León” e 1º Clasificada no “Trofeo Abilio Cadenas”.

FÚTBOL BASE

Premio para o EQUIPO BENXAMÍN DA ACD XOVE F-8, por ser considerado como equipo revelación da provincia de Lugo polo xornal O Progreso e por ser o Campión de Liga de Segunda Autonómica Grupo Norte facendo unha copa impresionante.

FÚTBOL SALA BASE

Premio para o EQUIPO ALEVÍN  ACD XOVE FÚTBOL SALA, por proclamarse Campión Comarcal da “Liga Escolar de A Mariña”, chegando á fase final do “Campionato Provincial de Futbol Sala”, quedando 4º e quedou 3º na “Copa de A Mariña  de Fútbol Sala”.

FÚTBOL SALA SENIOR

Premio para o A FUGA XOVE FÚTBOL SALA, DA SOCIEDADE DEPORTIVA XOVE F.S., polo  ASCENSO de 3º División a 2º División Nacional B.

FÚTBOL SENIOR OU FUTBOL 11

Premio para MAIKEL DA U. D. XOVE-LAGO, por ser o xogador máis regular da tempada e polo gran carisma que ten dentro do Clube, a parte da súa dedicación ó fútbol base do club,

KARATE

Premio para LUIS ROUCO BASANTA DA ACD XOVE, por ser o que mellor fixo o exame de cinto e foi considerado polo maestro de Karate, o karateca mais completo.

NATACIÓN

Premio para o EQUIPO DA COPA GALEGA DO CLUB NATACIÓN XOVE, polo compriso con este deporte, xa que unha gran parte deles está a estudiar noutras localidades da xeografía galega, e sempre que poden se acercan á piscina a adestrar, e por iso, seguen a conseguir moi bos resultados en todas as competicións ás que se presentan.

PATINAXE ARTÍSTICA

Premio para OS EQUIPOS DE COMPETICIÓN DE PRIMARIA E SECUNDARIA, por acadar, no pasado Campionato Provincial de Patinaxe celebrado en Xove no mes de Maio,  o Subcampionato Provincial o equipo de Primaria  e o Terceiro posto o equipo de Secundaria .

TENIS DE MESA

Premio para DIEGO FERNÁNDEZ E ALEXANDRE QUINTA DO ACD XOVE TENIS DE MESA INFANTIL, por acadar o  4º posto no “Campionato Comarcal” deste ano.

XADREZ

Premio para MATEO FERNÁNDEZ, SABELA RODRÍGUEZ, ALEXANDRE QUINTANA E CANDELA FERNÁNDEZ DO ACD XOVE XADREZ INFANTIL, por acadar o subcampeonato nos Campionato Comarcais.

XIMNASIA RÍTMICA

Premio para o CONXUNTO SENIOR DA ESCOLA MUNICIPAL DE XIMNASIA RÍTMICA DE XOVE, por acadar o Campionato Galego  de Base na Categoría Senior e pola súa participación no “Campeonato de España”.

Por último, entregouselle un premio a Lissett Escobar, que foi a Gañadora do Concurso do Anagrama Deportivo do Concello.

Para rematar, dende o Concello quérese agradecer a todas as asociacións deportivas: ACD Xove, Club de Bolos Xove, Club Natación, Unión Deportiva Xove-Lago, S.D. Xove F.S., e a Escola Municipal de Ximnasia Ritmica a súa grande labor que, día a día,  fan para o fomento do deporte entre todos os veciños e veciñas, agradecemento que queremos facer extensible á Asociación Cultural Saiñas de Xove pola súa participación nesta Gala e ao Mago KIKO.

15 de xuño de 2015 | 13:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.