publicidade hoxe

Finaliza a prohibición de baño na praia fluvial da Calzada en Ponte Caldelas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPonte Caldelas
A-
A+

Dáse fin ó episodio sufrido na Praia Fluvial de A Calzada durante esta semana coa aparición o pasado luns dun vertido que fixo saltar todas as alarmas e orixinou a denuncia por parte do Concello de Ponte Caldelas ao Concello de A Lama ao sinalarse a EDAR deste municipio como causante do mesmo.

Os parámetros obtidos na análise cumpren con creces os estándares esixidos por ADEAC (asociación encargada en España do Programa Bandeira Azul) para a calidade das augas das praias galardoadas.

Esta volta a normalidade coincidiu coa visita á praia de José Palacios Aguilar, Vicepresidente Primeiro desa asociación, que quedou sumamente satisfeito do traballo realizado na praia coas diferentes reformas e instalacións levadas a cabo e que eran imperativo á hora de cumprir coas esixencias de Bandeira Azul. Reafirmou tamén o acerto que supón o apostar pola praia de Ponte Caldelas como a primeira praia fluvial de España en conseguir este galardón.

Andrés Díaz, Alcalde de Ponte Caldelas, destacou a importancia da Bandeira Azul como unha fonte de turismo imprescindible e nestes momentos moi necesario para o noso pobo e afirmou que “non sabemos como se actuou ata o de agora nestes temas, pero o novo Goberno local ten a firme convicción da protección do noso río, da calidade das súas augas e respecto ó medio natural como prioridade”. Do mesmo xeito quixo agradecer a boa labor do anterior goberno na consecución da Bandeira Azul.

19 de xuño de 2015 | 18:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.