publicidade hoxe

Festival de patinaxe do club de Soutomaior

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSoutomaior
A-
A+

Este sábado día 13 de xuño a partir das 17,00 horas no Pavillón Municipal da Montesiña terá lugar un festival/exhibición de patinaxe a cargo do club de patinaxe artística de Soutomaior. O club local, que se acaba de proclamar campión galego de grupos, mostrará as súas últimas coreografías dos distintos grupos de idade que formar os seus deportistas. Como convidado neste festival estarán presentes os alumnos das escolas de patinaxe do Concello de Soutomaior.

12 de xuño de 2015 | 12:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.