publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Festival de fin de curso da EIM de Vedra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVedra
A-
A+

A Casa da Cultura de Santa Cruz de Ribadulla acolle o venres 12, ás 17.30 h., o Festival de fin de curso da EIM de Vedra no que os pequenos e pequenas celebrarán o remate do curso con actuacións musicais e moitas sorpresas máis.

CIRCUITO GALEGO DE TEATRO AMADOR

Organizado pola Federación Galega de Teatro Afeccionado e a Asociación Cultural Papaventos. Contarase con dobre función esta fin de semana co grupo Andaravía Teatro. Será o sabado 13 ás 19 h  coa sesión do seu “Brinca contos” e o domingo coa estrea da súa última obra “ Maniféstate”

V COPA VAL DO ULLA DE FÚTBOL BASE

O sábado e o domingo o protagonista será o fútbol base no Campo do coto de Santa Cruz de Ribadulla. Dende as 10 da mañá ambos días celebraranse as competicións nas categorías prebenxamíns, benxamíns e alevíns. Será unha cita coa deportividade e o tempo de ocio en familia.

APERTURA DA PISCINA MUNCIPAL DE VEDRA

Coa chegada do verán e da calor volve a abrir as súas portas a piscina de Vedra. Horario: de luns a venres de 15 a 21 h e sábados, domingos  e festivos  de 16 a 21 h

EXPOSICIÓN DE PINTURA

Última fin de semana para visitar a exposición de  pintura dos obradoiros de pintura do Concello

FIN DE CURSO DA ESCOLA DE MÚSICA SANTA CRUZ DE RIBADULLA

O curso escolar esta a piques de rematar e a escola de música de Santa Cruz comeza as súas actividades para celebralo. Será o sábado 13 de xuño ás 20.30 h na Carballeira do Marqués (se o tempo o permite) con sardiñada fin de curso.

 

9 de xuño de 2015 | 18:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.