publicidade hoxe

Feira de Cans de Caza e Encontro de Pailleiras en Abegondo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAbegondo
A-
A+

O campo da feira de San Marcos de Abegondo espera unha grande afluencia de xente este domingo, 14 de xuño, con motivo da celebración da Feira de Cans de Caza que organiza o Concello e a Asociación de Cazadores de Abegondo e que este ano alcanza a súa XIX edición.

Haberá premios ou trofeos aos clasificados nas categorías de:

– Caza maior.
– Caza menor.
– Pluma.
– Mellor xauría.
– Mellor camada de cachorros.

Tamén haberá un premio especial ao mellor can da feira. 

Poderanse ver os cans desde as 9.00 ata as 13.15 horas, momento da entrega dos premios. Os asistentes poderán degustar carne de caza. 

Pola súa banda, a Asociación de Veciños Santa Eulalia de Abegondo tamén programa un encontro de palilleiras para o domingo, no polideportivo, a carón do campo da feira. Está prevista a participación de 200 palilleiras da comarca e do resto de Galicia. 

Invitarán a café e biscoito a todas as persoas que visiten a feira. Tamén sortearanse fabulosos agasallos. 

12 de xuño de 2015 | 19:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.