publicidade hoxe

Faltan horas para que remate a campaña “60×1.000” no comercio de Sarria

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSarria
A-
A+

A só dous días do remate da II Edición da campaña “60×1.000”, dende a Asociación de Comerciantes e Empresarios de Sarria queren agradecer a acollida desta campaña de promoción e dinamización do comercio da vila de Sarria.

Este sábado día 6 de xuño pechará dita campaña, na que se poñen en xogo mil euros entre os consumidores habituais do comercio da vila. Nesta segunda edición contamos coa participación de 24 establecementos adheridos a ACES-CCU Sarria, que son os seguintes:” A Casa, Ara Moda, Bambi, Bicarelo, Calzados Chabel, Calzados Gayoso, Calzados Veiga, Carlín Sarria, Colorín Colorado, Cris Abad, Dimar Hombre-Mujer-Hogar, Duet Moda, Federópticos Adrián Salgado, Herboristería Linva, Joyería Salgado, Lar de Menchu, Lebón Descanso, Mercería Sarillo, Moncho Moda, Olver´s Sarria, Óptica Malecón, Santamarta, Senayo e Viaxes Ecuador”. 

O martes día nove de xuño coñeceremos a persoa premiada con mil euros, a cal disporá dun tempo máximo de 60 minutos para facer as súas compras nos comercios participantes, tendo en conta que para que o gasto se considere válido, o/-a gañador/-a terá que mercar, como mínimo, en nove das tendas participantes e cunha compra máxima por tenda de 250 €. A xornada de compras será un sábado pola mañá, pero aínda está pendente de determinar a data exacta. O martes ás 18:30 coñeceremos o nome desa raíña ou rei das compras por 60 minutos, seguindo os pasos de Jucelia, a gañadora na primeira edición. 

ACES-CCU busca fomentar o comercio local, a través de actuacións novidosas que nos permitan acadar un maior alcance entre o público de Sarria.

4 de xuño de 2015 | 10:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.