publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Extinguido o incendio forestal de Teo tras arrasar 55 hectáreas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPortada dereitaSucesosTeo
A-
A+
Europa Press

O incendio forestal declarado o luns no municipio coruñés de Teo foi extinguido sobre as 3,30 horas da madrugada deste martes, tras arrasar 55 hectáreas de monte arboredo. Diso deu conta a Consellería de Medio Rural a través da súa conta de Twitter, na que tamén confirmou que o lume de Sober (Lugo), que afectou a unhas 16 hectáreas, quedou controlado poucos minutos antes da media noite.

En canto ao de Teo, na parroquia de Calo, comezou pasadas as 17,30 horas do martes e o departamento que dirixe Rosa Quintana activou a ‘situación dous’ pola súa afectación ambiental e pola proximidade a vivendas. Pola súa banda, no incendio rexistrado na parroquia de Anllo, en Sober, tamén se requiriu poñer en marcha o protocolo para a ‘situación dous’ pola proximidade das casas ao lume.

30 de xuño de 2015 | 10:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.