publicidade hoxe

Éxito de participación na ruta de sendeirismo organizada por Turismo de Boiro e Lousame

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBoiroLousame
A-
A+
Participantes na ruta de sendeirismo

Participantes na ruta de sendeirismo

A ruta de sendeirismo organizada polos concellos de Lousame e Boiro foi todo un éxito.  O pasado sábado arredor de 90 persoas puideron gozar dos fermosos recunchos que este paseo ofrece. Entre eles, o concelleiro de Medio Ambiente do concello de Boiro, Juan Antonio Moledo, que non dubidou en darlle un descanso a súa axenda para poder acompañar aos sendeiristas. A panorámica á Ría de Arousa, o río Beluso, o monte Seixiño, a variada vexetación do roteiro, …foi o máis destacable. Tampouco faltaron visitas culturais, xa que os asistentes puideron visitar o museo das Minas de San Finx, visitar un muíño de río en Bealo e atender ás explicacións dos petróglifos da Laxe do Agoeiro, de man de Xaquín España, da Asociación de Amigos de Neixón. 

1 de xuño de 2015 | 13:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.