publicidade hoxe

Excepcional dia de navegación na primeira manga na regata Elidente

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesRianxo
A-
A+

Organizada polo Club Náutico de Rianxo, disputouse o sábado 6 de xuño, a primeira proba das dúas de que consta este trofeo. Embarcacións do Club Náutico de Portosín,  Villagarcía, Caramiñal, Riveira, Barraña, E.V. Mar de Arousa, Beluso e Rianxo gozaron dun excelente día para a navegación

Ás 15:30 h deuse a saída da XV Edición da Regata Concello de Rianxo-Trofeo Elidente, organizada polo Club Náutico Rianxo.  Este ano, por primeira vez, deuse a saída no Moscardiño punto habitual de saída das regatas de inverno. Un vento do nordeste que oscilou entre os 14 e 22 nós, permitiu realizar unha excelente proba.

Saída moi axustada co Corsario virando a baliza de desmarque en primeira posición, seguido polas unidades da clase regata, Siradella, Oral Group e Ziralla.

A flota dirixiuse cara ao Ter e Esqueiros nas categorías regata e cruceiro-regata. A categoría cruceiro, sen embargo, seguiu rumbo norte cara á Aurora para facer varios rumbos no interior da ensenada e finalmente confluír coa categoría regata e cruceiro-regata no Seixo e retornar cara a Rianxo cun percorrido aproximado de 14,1 millas para a clase cruceiro e 16,7 para as outras dúas. Un vento do nordeste que oscilou entre 14 e 22 nós, foi un bo compañeiro durante toda a proba. Isto permitiu a todas as unidades gozar dun marco incomparable cunhas condicións de navegación ideais.

Na clase Cruceiro triunfo do Argos de Santiago Veciño do C.N. Cabo de Cruz que realizou unha excelente regata impóndose a rivais de alto nivel como o Santiago Roma Rías Baixas de Esteban Carbajo do C.N. De Beluso, e o Sarandrea de Manuel Andrés Vázquez Barbazán do C.N. de Rianxo.

Na clase Cruceiro-Regata deuse unha loita pechada entre as primeiras unidades da flota, o Sara de Rafael Blanco do CN. Portosin, o Arroás de Manuel Pombar do E.V. Mar de Arousa, e os Ráfagas II de José Carreira do C.N. de Rianxo. Foron alternándose entre os primeiros postos en boa parte da popa, pero o Chispe de Jesús Iglesias Santos do C.N. Caramiñal e o Sampaio de Jesús Pérez Piñeiro do C.N. de Rianxo non cedían nas súas aspiracións de optar aos primeiros postos ata os últimos lances da proba. Finalmente, o Sara alzouse coa primeira posición seguido por Arroás e Ráfagas.

Na clase Regata producíronse alternativas na primeira posición entre o Siradella e o Corsario VI, seguidos de preto polo Oral Group de Pedro Pazos e o Meigas Fora de José Codesido, ambos do C.N. Portosín, e o Ziralla Primeiro de Ramón Barreiro do CN. Barraña-Boiro. Finalmente tras a compensación de tempos, obtiveron a primeira posición o Corsario VI de Jorge Durandel CN. Villagarcia, co mesmo tempo que o Oral Group de Pedro Pazos do C.N. de Portosín seguido do Meigas Fora e Siradellay o Ziralla Primeiro. Ao finalizar a regata, como é habitual nas instalacións do club Rianxeiro ofreceuse un ágape a todos os participantes por cortesía de Elidente, cun ambiente magnífico entre os participantes

O vindeiro sábado día 14 de Xuño levará a cabo a segunda e definitiva manga deste trofeo.

8 de xuño de 2015 | 12:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.