publicidade hoxe

Ensánchase o acceso principal ao núcleo de Taboadelo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPonte Caldelas
A-
A+
Ensanche no acceso a Taboadelo

Ensanche no acceso a Taboadelo

O Concello de Ponte Caldelas finalizou as obras de ensanche do acceso principal ao núcleo de Taboadelo. O Alcalde en funcións Perfecto Rodríguez visitou a zona en compañía do Tenente Alcalde e concelleiro de obras Francisco Regueira.

A actuación consistiu na construción dun novo muro de contención do camiño que comunica a estrada provincial Reigosa – Xustáns – Taboadelo co centro do lugar. Nesa zona está a construírse unha vivenda que conforme á lei tivo que ceder unha parte do terreo para o ensanche do camiño. Desta forma o Concello aproveitou ese anaco cedido para ensanchar esta zona mellorando notablemente o acceso principal á zona interior de Taboadelo.

A idea do Concello unha vez se completoue a construción do muro é colocar unha bionda para maior seguridade dos vehículos. Serán os servizos municipais os que se encargarán de instalar esa barreira de seguridade.

O Concello nesta actuación investiu preto de 10.000 euros. 

9 de xuño de 2015 | 19:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.