publicidade hoxe

Emma Pedreira faise co III premio de poesía Gonzalo López Abente

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMuxía
A-
A+

Esta mañá reuniuse en Muxía o xurado do III Premio de Poesía Gonzalo López Abente, convocado pola Fundación Gonzalo López Abente en colaboración coa Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia. O xurado, composto polos poetas X. H. Rivadulla Corcón, Miguel A. Mato Fondo e Modesto Fraga- actuando como secretaria VikiRivadulla- decidiu, por unanimidade premiar á obra “S/t” da poeta coruñesa Emma Pedreira.

O xurado destaca así, una obra que indaga nos grandes temas universais, nas vivencias da aldea, os froitos da terra, o tempo da infancia e a memoria, nun discurso elaborado que sona moi verdadeiro, saído dunha necesidade vital de facelo. Lembramos que o galardón consiste na publicación da obra gañadora en Edicións Xerais, un premio en metálico de 2.000 € e una estatuíña de VikiRivadulla.

Emma Pedreira  recollerá o premio o día 11 de xullo, nun acto que organizará a Fundación para este fin e no que tamén participarán o gañador do ano pasado ,Laureano Xaquín Araújo ,e o muxián Xosé Luís Vilela , director de La Voz de Galicia -que dará una charla sobre a figura de López Abente –  .

O acto irá acompañado polas actuacións da Coral Polifónica Virxe da Barca e Abaladeiras de Muxía.

20 de xuño de 2015 | 19:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.