publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Dous feridos nun incendio en Oza dos Ríos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaOza/CesurasPortada dereitaSucesos
A-
A+

Dúas persoas resultaron feridas na madrugada deste sábado nun incendio nun inmoble situado no lugar de Táboas, no municipio coruñés de Oza dos Ríos, segundo informou o CAE 112 Galicia.

   As chamas iniciáronse pouco antes das 5,30 horas, cando ardeu a porta de acceso á vivenda. Por mor da intensa fumareda, os dous feridos, un do piso danado e outro do superior, tiveron que ser evacuados, explicaron os bombeiros de Betanzos.

   Ao lugar, ademais dos bombeiros de Betanzos, acudiron efectivos do GES de Curtis, da Garda Civil, así como os servizos de Urxencias Médicas 061.

   Polo momento descoñécense as causas que orixinaron as chamas, que están a ser investigadas polas forzas da orde, apuntou o CAE 112 Galicia.

13 de xuño de 2015 | 10:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.