publicidade hoxe

Dez veciños de Nigrán realizarán prácticas profesionais en cinco hoteis da zona

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNigrán
A-
A+

O alcalde en funcións, Alberto Valverde, asinou hoxe  un convenio de colaboración con cinco hostaleiros da comarca que permitirá a dez veciños e veciñas de Nigrán realizar prácticas profesionais nas súas infraestruturas hoteleiras, “unha iniciativa que ten como obxectivo mellorar a súa inserción no mercado laboral”, subliña Valverde. 

A firma deste convenio enmárcase dentro da celebración do curso de formación de operacións básicas de pisos en aloxamento, posta en marcha polo Concello de Nigrán o pasado mes de abril, dirixido a homes e mulleres en situación de desemprego do municipio.

Tras a superación da parte teórica do curso, cunha duración de 60 horas, os participantes realizarán nas próximas semanas un total de 20 horas de prácticas en cinco hoteis da comarca, que lles permitirá pór en práctica os coñecementos adquiridos durante o curso. 

Entre os hoteis que se suman a este convenio figuran o Pazo da Touza, o hotel Miramar, o hotel restaurante A Queimada, o Bahía de Baiona e o hotel Cristaleiro, en Gondomar. 

8 de xuño de 2015 | 12:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.