publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Deteñen en Santa Comba a un veterinario venezolano por transportar droga en cachorros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPortada esquerdaSanta CombaSucesos
A-
A+
Europa Press
Detención do veterinario

Detención do veterinario

A Garda Civil detivo na localidade coruñesa de Santa Comba a un veterinario venezolano reclamado por Estados Unidos por transportar droga mediante implantes colocados a cachorros de can. Segundo informou o Instituto Armado, no transcurso da denominada ‘Operación Puppies’ foi detido Andrés L.E., de 33 anos e de nacionalidade venezolana, reclamado por Estados Unidos a efectos de extradición por un suposto delito de tráfico de drogas.

Esta persoa, de profesión veterinario e membro dunha organización de tráfico de drogas, transportaba heroína líquida desde Colombia ata Estados Unidos mediante implantes que colocaba a cachorros de can que, posteriormente, enviaba como mascotas a este país, segundo concretaron as mesmas fontes.

Nun rexistro efectuado en 2005 pola policía colombiana nunha clínica rexentada polo agora detido en Medellín (Colombia), acháronse tres cachorros que portaban no interior do seu organismo tres quilos de heroína. Por estes feitos, Andrés L.P. foi detido en decembro de 2013 en España, aínda que, posteriormente foi posto en liberdade ata a resolución do proceso de extradición.

RESIDENCIA EN LUGO

Cando a Audiencia Nacional autorizou a extradición a Estados Unidos, esta persoa, que fixara a súa residencia en Lugo, abandonou a mesma, polo que a Garda Civil iniciou unha operación para dar co seu novo paradoiro. Tras establecer un dispositivo de procura, os axentes detivérono cando saía dun piso no que se ocultou na localidade coruñesa de Santa Comba.

Para evitar ser localizado polas Forzas e Corpos de Seguridade durante o tempo que permaneceu oculto neste domicilio, o individuo non mantivo ningún tipo de comunicación nin coa súa muller nin cos seus fillos. A operación foi levada a cabo por axentes pertencentes ao Equipo de Fuxidos da Xustiza da Unidade Central Operativa (UCO) da Garda Civil e a Unidade Orgánica de Policía Xudicial (UOPJ) do mesmo corpo a Comandancia de Lugo.

23 de xuño de 2015 | 10:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.