publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Deteñen a dúas veciñas de Verín por agredir á profesora da súa neta e filla

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPortada dereitaSucesosVerín
A-
A+
Europa Press

A Garda Civil detivo a dúas mulleres de 54 e 28 anos de idade veciñas de Verín (Ourense) por agredir e ameazar á profesora de infantil da súa neta e filla, respectivamente, tras chegar a casa cuns arañazos. Segundo informaron fontes da investigación, ás 18,00 horas do xoves foron detidas M.S.M., de 54 anos, e M.H.S., de 28 anos, ambas veciñas da Rasela, en Verín, como presuntas autoras dun delito atentado contra funcionario público no exercicio do seu cargo.

As mulleres foron detidas tras agredir e ameazar a unha profesora da súa neta e filla porque a nena chegara a casa cuns arañazos do Colexio Princesa de España de Verín. Os feitos ocorreron durante a mañá do mércores, día anterior á detención cando, segundo as mesmas fontes, entraron no colexio e ameazaron á profesora de Educación Infantil e agredírona.

Está previsto que as dúas persoas detidas en relación aos citados feitos pasen a disposición xudicial na mañá deste venres.

12 de xuño de 2015 | 11:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.