publicidade hoxe

Desaparece unha xoven en Xinzo tras deixar unha nota

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaSucesosXinzo de Limia
A-
A+
Europa Press

xoven-desaparecida-xinzoUnha moza que cumpre este luns 18 anos de idade desapareceu da súa casa de Xinzo de Limia (Ourense) tras deixar unha nota na que informaba de que se ía de forma voluntaria, segundo informou a Garda Civil. O instituto armado iniciou un dispositivo de busca para dar co paradoiro da moza, Michelle López, que desapareceu na tarde do venres do seu domicilio de Parada de Ribeira. Con este obxectivo, os axentes publicaron a través das redes sociais unha fotografía da moza no que piden a todas aquelas persoas que vexan a Michelle chamen ao teléfono 062 ou ao 112.

28 de xuño de 2015 | 20:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.