publicidade hoxe

Deportes, cine, excursións e actividades nocturnas no II Campus de Curtis en xullo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCurtis
A-
A+

Actividades multideporte (fútbol, fútbol sala, pádel, tenis), acuáticas, cine, excursións e ata unha convivencia nocturna son algunhas das accións previstas para os nenos no II Campus de Fútbol e Multideporte organizado polo Concello de Curtis, que este ano, tras o acordo alcanzado co Concello de Aranga, tamén estará aberto aos participantes dese municipio coa mesma cota de inscrición que os empadroados curtienses.

Os destintarios do programa son os nenos nados entre os anos 2001 e 2008, e estableceuse un calendario por categorías, prebenxamíns, benxamíns, alevíns e infantís.  O Campus, que durará unha semana por categoria, de luns a venres, de 10.00 horas a 18.00 horas, dará comezo o día 29 deste mes e durará ata o 29 de xullo. O prazo para a inscrición estará aberto ata o día 25 deste mes. 

20 de xuño de 2015 | 18:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.