publicidade hoxe

Denegada a suspensión cautelar das obras do crematorio da Reigosa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPonte Caldelas
A-
A+

A Comunidade de Montes da Reigosa tivo o seu primeiro revés xudicial tendo en conta que desestimaron as medidas cautelares solicitadas no Recurso Contencioso Administrativo presentado contra a licenza concedida polo Concello de Ponte Caldelas para as obras do Crematorio nunha parcela do Polígono Industrial da Reigosa.

A Comunidade de Montes no recurso presentado pedira como medida cautelar a suspensión das obras, algo que lle denegou o Xuíz no Auto. De momento o Xuíz non entrou no fondo do asunto, que deberá decidir cando dite sentenza, “pero do propio auto, segundo o alcalde, dedúcese a plena legalidade da obra”.

Ademais ao estar totalmente inxustificada a suspensión cautelar das obras que solicitaba a Comunidade de Montes da Reigosa imponlle as costas procesuais relativas a esta peza separada do procedemento.

Perfecto Rodríguez está convencido que do mesmo xeito que este auto tamén a sentenza demostrará que a licenza é totalmente legal e o Concello tiña obrigación de outorgala cando o fixo.

Perfecto Rodríguez afirmou tamén que o tripartito de Ponte Caldelas “nace baseado nun engano aos veciños porque non se vai a revogar a licenza do crematorio posto que o Concello ten que cumprir a lei, e outorgar licenza cando un proxecto cumpre como foi este caso e denegalo cando non cumpre. O contrario sería cometer un delito de prevaricación”.

11 de xuño de 2015 | 19:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.