publicidade hoxe

Curso de globoflexia e recursos do entorno en Vedra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVedra
A-
A+

O programa de Posta a Punto de Vedra organiza dous curso para os vindeiros días. Por unha banda, está o curso de globoflexia o mércores 17 de xuño de 16.00 a 20.00 h. con lugar pendente de confirmar e de matrícula gratuíta. O outro dos cursos será de recursos do entorno para actividades de tempo libre, que se impartirá o xoves 2 de xullo de 16.00 h. a 20.00 h. tamén de carácter gratuíto. Máis información e inscrición no Departametno de Cultura e Xuventude en cultura@concellodevedra.com ou no teléfono 981 814 691.

Comida mexicana

Por outra banda, este venres 19 de xuño, o programa de Cociñas no Mundo céntrase nos pratos mexicanos. Os asistentes descubrirán como facer deliciosas “fajitas” na Casa da Estación do Tren (Sta. Cruz de Ribadulla) no Centro Municipal de Formación ás 20.00 h.

16 de xuño de 2015 | 17:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.