publicidade hoxe

Curso de arte floral en Boiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBoiro
A-
A+
Participantes no curso de arte floral

Participantes no curso de arte floral

Hoxe deu comezo o curso de arte floral organizado pola Asociación de Floristas do Barbanza que preside Angel Bandín e no que colabora o Concello de Boiro. Doce profesionais floristas da comarca participan nestas clases impartidas polo mestre Luis López Barreto da Escola Andaluza de Arte Floral.

A formación básicamente técnica está centrada en actualizar artes creativas con elementos de vexetación silvestre e autóctonos da nosa zona ambiental confeccionando novedosos ramos de noivas, coroas e centros expositores.

Estas clases estanse a desenvolver ata o mércores nunha das aulas profesionais do viveiro de empresas no polígono industrial de Espiñeira, una vez rematado o curso os traballos serán expostos ao público no vestíbulo do Concello ou da Casa da Cultura Ramón Martínez López segundo as temperaturas ambientais dos seguintes días nos permitan para o súa óptima conservación.

8 de xuño de 2015 | 18:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.