publicidade hoxe

Cristina Fernández comeza as reunións cos centros de ensino e coas ANPAS de Ponteareas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPonteareas
A-
A+

Nestes días comezan os primeiros encontros coas directivas dos diferentes centros de ensino da vila e coas Asociaciónsde Nais e Pais destes colexios. Estas reunións teñen como obxectivo recoller as principais necesidades destes colectivos e trasladar o compromiso por parte da concellería de establecer unha liña de traballo conxunta que permita manter as características destes centros e, asemade, posibilite paliar as deficiencias que poidan existir.

A edil ponteareá manifestou a firme intención do consistorio de ter os diferentes centros de ensino en perfectas condicións para o comezo do vindeiro curso escolar, de xeito que tanto os mestres como o alumnado poidan sacar o máximo proveito das instalacións coas que contan.

Cristina Fernández resaltou o apoio que terá a comunidade educativa por parte do seu departamento en relación coa calidade da educación á que teñen dereito os mozos e as mozas de Ponteareas.

Dita responsabilidade pasa pola oferta educativa que a xente nova recibe durante o curso regrado e tamén durante o verán, como a que poderán gozar os nenos e as nenas, de entre 3 e 12 anos, durante os meses de xullo e agosto no Campus Tea 2015, que se celebrará no CEIP Nosa Señora dos Remedios.

29 de xuño de 2015 | 18:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.