publicidade hoxe

Cores Tourís comproba as obras de mellora de seis camiños no Concello de Cotobade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCotobade
A-
A+

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Jorge Cubela, comprobou esta mañá, en compaña do alcalde de Cotobade, Jorge Cubela, o avance das obras de mellora de seis camiños rurais deste concello, executadas a través do Plan Marco da Consellería de Medio Rural e Mar.

Cores Tourís estivo tamén acompañado nesta visita polo xefe territorial de Medio Rural e Mar, Miguel Dubois.

Os traballos leváronse a cabo nos camiños de A Graña, de Carballiños, de As Rañas, Insuela, O Coto e de Parada, con un orzamento global de 106.000 euros.

Todas estas obras executadas dentro do Plan Marco teñen como obxectivo a mellora de accesos a núcleos rurais para garantir a seguridade vial, executándose ensanches e pavimentacións para acadar uns camiños rurais máis axeitados.

Os traballos consistiron, en tódolos casos, na limpeza enerxética de superficie do pavimento existente mediante cepillo de arame e a aplicación de novas capas de rodaxe con mestura bituminosa en quente cun espesor de 5 centímetros. “Deste xeito melloráronse un total de case 2 quilómetros de camiños rurais no concello de Cotobade, beneficiando así a máis de 200 veciños, facilitando o acceso a fincas e lugares”, explicou Cores Tourís.

Ademais, tamén se realzaron tapas de rexistro en todas as vías e levouse a cabo o repintado horizontal dos camiños. No caso do vial de A Graña foi necesario reconstruír un muro de cachotaría ordinaria a unha cara vista, fabricada con materiais procedentes do derribo de antigas cachotarías sen careado nin incorporación de novos materiais, colocados con morteiro de cemento en muros de espesor variable de ata 50 centímetros.

En canto ao camiño de Carballiño, construíuse unha cuneta triangular con formigón de 20 cm de profundidade e recalcáronse tamén as tapas de rexistro na calzada. No camiño de Rañas ademais desta última tarefa procedeuse a realizar a marca vial continua con pintura reflexiva.

Por outra banda, no camiño de Insuela abriuse a caixa para a posterior construción de firme escavando a superficie, colocouse unha base granular de pedra miúda artificial.

Finalmente no camiño de O Coto recalcáronse as tapas de rexistro na calzada e no camiño de Parada instalouse un pavimento novo a base de formigón sobre grava miúda e tamén recalcáronse as tapas de rexistro.

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra recordou a importancia da colaboración dos alcaldes dos distintos concellos para poder executar estas obras, xa que se trata “duns traballos esencias para acadar unha mellora da calidade de vida da poboación rural”.

26 de xuño de 2015 | 17:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.