publicidade hoxe

Controlado o incendio forestal que afecta ao concello de Lousame

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLousameSucesos
A-
A+

A Consellería do Medio Rural e do Mar informa do control do lume forestal rexistrado no concello coruñés de Lousame, parroquia do mesmo nome. O incendio quedou controlado ás 18:41 horas, tras comezar ás 13:17 horas. Segundo novas estimacións provisionais, afectou unha superficie de 28,1 hectáreas, das cales 22,1 corresponden a monte arborado e o resto a raso. Na súa extinción traballan 6 axentes forestais, 9 brigadas, 7 motobombas, unha pa, un helicóptero e un avión.

A Consellería do Medio Rural e do Mar lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

10 de xuño de 2015 | 18:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.