publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Condenan a oito anos de inhabilitación ao alcalde de Rairiz de Veiga

Europa Press
Xuízo contra o alcalde de Rairiz de Veiga

Xuízo contra o alcalde de Rairiz de Veiga

O alcalde de Rairiz de Veiga, Xosé Xaquín Rodríguez Ambrosio (PP), foi condenado polo Xulgado do Penal número 2 de Ourense a oito anos de inhabilitación por un delito de prevaricación respecto da súa etapa na que gobernou baixo as siglas do BNG. Rodríguez Ambrosio solicitou a baixa temporal das filas do Partido Popular tras coñecer a sentenza, contra a que cabe recurso, mentres que o PP mostrou o seu “firme apoio á súa presunción de inocencia”.

Nun comunicado, os populares de Ourense sinalan o seu “máximo respecto” cara aos procesos e decisións xudiciais e comunican que agora analizarán o contido do fallo xudicial, que foi notificado na mañá deste luns ao alcalde de Rairiz de Veiga.

O PP de Ourense agradeceu, así mesmo, o “xesto” do rexedor de apartarse temporalmente das siglas do PP de Ourense “para centrarse na defensa” da súa inocencia; e confiou nunha “pronta resolución firme”.

OS FEITOS

O alcalde acabou no banco por un proceso no que exerceu como acusación o edil do PSOE Eulogio Fernández Fernández, quen denunciou que desde o ano 2007 ditou resolucións de Alcaldía “con coñecemento da súa ilegalidade e a propósito, en diversas materias da súa competencia”, como contratos de obra, xestión de servizos públicos e de subministracións, “a pesar de coñecer os informes de reparo e as advertencias de ilegalidade que lle facía a secretaria-interventora”.

Os primeiros decretos son de outubro e decembro de 2007, e un total de 32 decretos -só dese mesmo ano- refírense a subvencións e contratacións de persoal. Ademais, os feitos polos que agora se lle condenan en primeira instancia tamén afectan a 2008 e 2009 por contratacións que tiña obxeccións da secretaria-interventora”.

A causa chegou a ser arquivada en dúas ocasións no xulgado de Xinzo de Limia, a petición do fiscal, e reaberta pola Audiencia provincial tras resolver outros tantos recursos da acusación particular.

“A NORMATIVA OBRIGA A COMETER IRREGULARIDADES”

Durante o xuízo, alegou que a “propia normativa obriga a cometer irregularidades” aos alcaldes para cumprir prazos e trámites, pero matizou que nunca as considerou “de tal gravidade” como para saber que eran delitos.

Rodríguez Ambrosio foi elixido concelleiro en Rairiz de Veiga 1995 polo BNG, aínda que en 2009 deixou as filas do Bloque e nas seguintes eleccións municipais, as de 2011, presentouse como candidato do PP e gañou a Alcaldía, tamén por maioría absoluta.

29 de xuño de 2015 | 16:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.