publicidade hoxe

Comezan os traballos de recuperación e posta en valor de varias fontes e parques biosaudables en Sober

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSober
A-
A+
Inicio dos traballos

Inicio dos traballos

O Goberno local do Concello de Sober vén de iniciar os traballos de recuperación e posta en valor das fontes e a contorna de Vilariño, en Pinol, Vilamea, en Bulso, e Casaniño, en Brosmos. Os traballos consisten na limpeza e acondicionamento dos mananciais, ordenación da contorna e sinalización.

O Concello de Sober acomete tamén melloras no parque infantil e biosaudable de Canabal, así como no de Millán e acondiciona espazos biosaudables en Anllo e Vilaescura. A actuación complétase con melloras de mobiliario no parque infantil de xogos da Gardería Municipal.

Todas estas actuacións son financiadas polo Fondo de Compensación Ambiental da Consellería de Presidencia, quen destina 40.000 euros a estes traballos. 

O alcalde da localidade, Luis Fernández Guitián, explica que a mellora e a posta en valor de fontes, así como a construción de parques biosaudables “son unha prioridade para o equipo de goberno de Sober, polo que temos previsto acometer novas actuacións nos próximos meses, neste caso financiadas polo Agader a través do GDR Ribeira Sacra”.

25 de xuño de 2015 | 13:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.