Co lema “Miño non se vende” os veciños da localidade sairán á rúa en protesta mañá sábado
Foi convocada unha nova manifestación “Pola dignidade. Miño non se vende”. A protesta sairá mañá sábado ás 11:30 horas desde Rabazal e finalizará ante a Casa Consistorial. O PSOE de Miño insiste en solicitar a dimisión dun alcalde que está só. Os socialistas miñenses tamén apelan á responsabilidade do Partido Popular de Miño para que lle retiren definitivamente o seu apoio, se é que realmente queren ao seu Concello e respectan aos seus veciños.