publicidade hoxe

Clausura das actividades lúdico-educativas realizadas cos centros de ensinanza de Tomiño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTomiño
A-
A+

O Concello de Tomiño vén de pechar as actividades lúdico-educativas realizadas cos centros de ensinanza do  municipio. No instituto de Tomiño o alumnado pudo gozar da representación teatral de SMOKE CITY a cargo de Malasombra Producións, representación que aborda unha problemática moi de actualidade como é a do tabaquismo, e en particular pon énfase nas consecuencias a curto prazo que causa na vida diaria das persoas consumidoras, e, sobre todo, os beneficios de levar unha existencia libre de dependencias. Por outra banda, tamén se realizou con alumnado de ESO ao longo do curso 2014/15, o programa municipal de É APRENDER, para o apoio escolar e motivación en horario de tarde en diferentes parroquias do concello, con alumnado da ESO. Esta semana tamén remata no instituto un obradoiro de educación afectivo sexual organizado por persoal e voluntariado municipal.

Con respecto ao CRA (colexios rurais agrupados), ofertouse unha actividade levada a cabo por Luada Teatro. Unha posta en escea máxica de varios contos relacionados coa mitoloxía galega e coa educación ambiental, realizada con teatro de sombras.

Nos centros de educación primaria, realizouse unha actividade de iniciación ao piragüismo chamada “Semana Azul” no río Miño e a cargo do Clube Deportivo Miño. Por vez primeira este curso escolar, o concello de Tomiño organizou diferentes actividades extraescolares: portugués, xadrez, ioga e risoterapia, multideporte, inglés etc. en todos os centros educativos do concello (IES, CRA e CEP-CEIPS). Con respecto á campaña “Verán Tomiño” (abrirase o prazo de inscrición este venres día  19 de xuño) estas son as actividades que imos a realizar:

CURSO DE IOGA TIBETANO. A partir de  14 anos e sen límite de idade (menores con autorización). Horario: venres de 20.30h a 22h. Inicio 3 de xullo.

CURSO DE PROMOCIÓN DO PIRAGÜISMO.

Nenos e nenas de 8 a 14 anos, nesta práctica deportiva. Inicio: 1 de xullo. Horario: GRUPO A: os martes de 17h a 18h e GRUPO B: xoves de 17h a 18h.

RUTAS TURÍSTICO-AMBIENTAIS DE DESCENSO EN PIRAUGA POLO RÍO MIÑO. A partir de  14 anos e sen límite de idade (menores con autorización). Obrigatorio saber nadar. Inicio en xullo Horario: de 16h a 19-20h sábados 4 e 18 de xullo, 8 e 22 de agosto

CAMPUS DE TENIS E PÁDEL Para nenos e nenas de 6 a 9 anos, de 9 a 13 anos, de 14 a 18 anos (con autorización) e persoas adultas. Inicio en xullo. Horario de TENIS: luns, mércores e venres, quendas de 10h a 11/ de 11 a 12h/ de 12 a 13h. Horario de PÁDEL: luns, martes, xoves e sábado: luns de 9h a 10h, martes de 12 a 13h, mércores de 9 a 10h e sábados de 9 a 10h.

CAMPAMENTO URBANO EN TOMIÑO. Para nenos e nenas de 5 a 12 anos (con autorización). Inicio: 6 de xullo. Horario: De 9  a 14h.

CAMPUS DE FÚTBOL. Para nenas e nenos de 4 a 16 anos.Inicio: do 20 de xullo ao 1 de agosto.

IV CAMPAMENTO MUSICAL. Paranenos e nenas de 3 a 12 anos.  Do 24 ao 28 de agosto en horario de 10 a 13h.

17 de xuño de 2015 | 18:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.