publicidade hoxe

Chega á súa XIX edición a poxa de gando selecto da Moexmu

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCospeito
A-
A+

A comisión organizadora da XXXI edición da Mostra Exposición de Muimenta – MOEXMU, levará a cabo unha nova actividade, o vindeiro sábado 18 de xullo do 2.015: a XIX edición da poxa de gando selecto. A subasta de gando, celebrouse dende os seus inicios no ano 1.999 conxuntamente co Concurso de Gando Frisón da Mostra Exposición de Muimenta, a excepción do ano ano pasado, co cal será a segunda vez que se celebren dúas edicións no mesmo ano, repítese experiencia despois do éxito da edición celebrada en xullo do ano pasado.

Coma sempre, contamos coa colaboración con Africor Lugo, manténdose a data elexida o ano pasado, o terceiro sábado do mes de xullo: o vindeiro 18 de xullo, entrando o gando nas naves do Recinto Feiral “Manuel Vila” o día anterior, venres 17 para que os interesados en ver o gando poida acudir ao Recinto Feiral “Manuel Vila” de Muimenta.

O número de animais que partiparon na edición de xullo do 2.014 foron trinta, sendo vendidos 28 animais, que alcanzaron os 51.900,00 eur. Espérase que participen un número aproximado de cabezas de gandeirias da provincia. Todos os gandeiros que desexen apuntar o seu gando para participar o poden facer poñéndose en contacto con Africor (982 250 714) ou coa comisión organizadora (moexmu@gmail.com) 

18 de xuño de 2015 | 13:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.