publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Chaves-Verín promoverase en Expocidades 2015 como destino de proximidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVerín
A-
A+

Un ano máis, o destino Chaves-Verín participará na Mostra de Turismo das Cidades do Eixo Atlántico ‘Expocidades’, conformada polos municipios integrantes da Eurorrexión, e que nesta edición terá lugar do 19 ao 21 de xuño na localidade lusa de Viana do Castelo.

A Agrupación Europea de Cooperación Territorial Eurocidade Chaves-Verín (AECT-ECV) promoverá o destino Chaves-Verín, Eurocidade da Auga, a través dun stand conxunto de estética innovadora, no que os técnicos dos dous municipios amosarán aos visitantes as potencialidades turísticas e promoverán este territorio como espazo turístico de proximidade. Tamén se divulgarán os diferentes recursos e información sobre os produtos turísticos da Eurocidade Chaves-Verín, primeiro destino transfronteirizo da Península Ibérica, como son o Camiño de Santiago, oferta hostaleira, gastronómica, termal e actividades culturais e deportivas realizadas no mesmo .

Viana do Castelo acolle este ano a mostra ‘Expocidades’ que organiza o Eixo Atlántico. Este escaparate turístico contará con 30 expositores das 28 cidades e entidades participantes que amosarán as posibilidades turísticas das mesmas. Unha oferta enfocada ao turismo de proximidade dada a relativa distancia que existe entre as urbes galegas e portuguesas e a variedade de ofertas turísticas ao visitante. A mostra estará situada no Centro Cultural de Viana do Castelo. Paralelamente ao desenvolvemento da feira terán lugar outras actividades como degustacións de produtos típicos das cidades participantes, actuacións musicais, exposición de aves do zoolóxico de Maia durante unha das xornadas, proxección de vídeos documentais das cidades e encontros turísticos entre profesionais do sector. Nesta terceira edición, despois de pasar por Lugo e Pontevedra en anos anteriores, o deseño da feira tamén se axustará aos estándares de sostibilidade tanto no emprego de materiais reutilizables coma na separación dos residuos, entre outros. A entrada será gratuíta. 

10 de xuño de 2015 | 17:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.