publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Centos de ciclistas daranse cita o sábado en Touro na VI Ruta Río Ulla en BTT

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTouro
A-
A+

O próximo sábado, 20 de xuño, centos de ciclistas percorrerán e coñecerán a natureza de Touro. Os afeccionados ao ciclismo na natureza teñen unha cita xa obligada no seu calendario. Participarán na VI Ruta Río Ulla en BTT, que terá lugar a partir das 16.00 horas. A esa hora está previsto o inicio da proba, que partirá da sede do Concello de Touro, en Fonte Díaz, e que organiza o propio Concello. Os participantes percorrerán arredor de 40,5 quilómetros por plena natureza y acompañando o curso do río Ulla ao seu paso polo Concello de Touro. Tamén haberá unha ruta curta de 29 quilómetros.

A ruta, xa consolidada no calendario de probas de BTT, ten unha calificación de dificultade técnica/física: media/alta. Tamén haberá unha ruta corta de 29 quilómetros e de dificultade técnica/física: media. O Concello de Touro, organizador da proba, anuncia que haberá premios para todos os participantes. Colaboran tamén a Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña, as Casas de Turismo Rural de Touro e a Imprenta Ayude de Arzúa.

Tras a proba sortearanse cinco fins de semana para dúas persoas nos siguentes establecementos hoteleiros do Concello de Touro: A Pena de Augasantas (Beseño), Casa Míguez (Quión), Pazo de Andeade (Andeade), Divina Pastora (Loxo) e Fogar de Ínsua (Prevediños).

18 de xuño de 2015 | 12:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.