publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Cedeira pon en marcha o servizo de aluguer de bicicletas na vila

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCedeira
A-
A+

O alcalde en funcións de Cedeira, Luis Rubido, anunciou esta mañá que, dende onte, está en marcha o servizo de aluguer de bicicletas na vila co que se pretende fomentar o seu uso como medio de transporte alternativo ao turismo nos desprazamentos polo centro urbano. Así, o servizo nace inicialmente con tres bases nas que a veciñanza poderá recoller a súa bicicleta –na praza da Marieta, na Oficina de Turismo e no entorno do pavillón polideportivo municipal-. Todas elas, contan cun sistema de control para a súa conexión vía ADSL cun centro no que se irá xestionando o seu funcionamento e recopilando a información relativa ao servizo.

Para acceder a el, os usuarios deben darse de alta. Trámite polo que terán que abonar dous euros. Ademáis, a cuota pola utilización se fixa en función do periodo de uso: serán cinco euros por semana; dez por mes ou vinte euros ao ano. É dicir, a maior prazo, menor pago. No último caso, o servizo resulta a razón de 0,05 euros por día. Luis Rubido considera que se trata de prezos simbólicos cos que se quere universalizar o uso da bicicleta en Cedeira. E, especialmente, nun contexto favorable como o actual, coa implantación da Zona 30 en todo o centro urbano. En todo caso, os interesados en darse de alta deben dirixirse ao pavillón polideportivo e solicitalo no rexistro xeral. A implantación prodúcese despois de que a ordenanza reguladora do servizo saíse publicada no Boletín Oficial da Provincia (BOP).

Nesta liña, o Concello apunta que vén de recibir a confirmación dunha achega para a adquisición de dez anclaxes máis e cinco ciclos.

11 de xuño de 2015 | 12:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.