publicidade hoxe

Campamentos urbáns de verán en Vila de Cruces

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVila de Cruces
A-
A+

O Concello de Vila de Cruces informa dos Campamentos Urbáns de Verán para rapaces de 4 a 12 anos que se impartirán en horario de 10.30 a 13.30 h. con monitores titulados. As quincenas dispoñibles serán:

-Do 22 de xuño ao 3 de xullo

-Do 6 de xullo ao 17 de xullo

-Do 20 ao 31 de xullo

-Do 3 ao 14 de agosto

-Do 17 ao 28 de agosto

As inscricións poderán realizarse ata o mércores anterior á data de inicio da quincena do campamento nos teléfonos 986 58 20 17 e 617 40 98 95. Precísase un mínimo de 10 rapaces para que se imparta e as prazas son limitadas. 

Os nenos que vaian a natación terán monitor de traslado dentro do horario de campamento.

Cursos de natación

Infórmase do inicio de cursos de natatación na piscina municipal de Vila de Cruces. Están dispoñibles os niveis iniciais, perfeccionamento e adultos. Os horarios dos grupos determinaranse en función do nivel aínda que para adultos está fixado de 15.00 a 16.00 h. Os cursos darán comezo o 1 de xullo. As inscricións realizanse na piscina de lusn a venres en horario de 16 a 20 h.

17 de xuño de 2015 | 17:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.