publicidade hoxe

Campamento creativo en Vedra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVedra
A-
A+

Xogastes algunha vez a facer unha televisión? Esta é a proposta do Concello de Vedra para que cativos de 5 a 10 anos fagan TV con imaxinación e aplicando unha morea de disciplinas creativas: pintura, serigrafía, vestiario, audiovisual… Chancla TV é a canle de televisión máis veraniega e divertida, creada e pensada polos nenos e nenas que participan neste campamento coa axuda de creadore do colectivo 15885. Este obradoiro impartirase do 6 ao 10 de xullo de 9.30 a 13.30 h. no Museo Paz Camps. Os interesados poderán anotarse no departamento de Xuventude e Cultura do Concello, no teléfono 981 814 691 ou no correo cultura@concellodevedra.com. O número de prazas está limitado a 30 rapaces e o prezo será de 30 eruos incluíndo seguros, monitorado e materiais especificados da actividade.

17 de xuño de 2015 | 20:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.