publicidade hoxe

Bos resultados para o piloto de Cerdedoenrali no Jarama

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCerdedoDeportes
A-
A+
Cerdedoenrali no Jarama

Cerdedoenrali no Jarama

O pasado fin de semana disputouse no circuíto do Xarama a segunda cita do Campionato de España de Resistencia. O piloto Juan Campos e o seu equipo desprazáronse ata Madrid nesta ocasión acompañados por tres afortunados gañadores de pases VIP sorteados polo Grupo Brea.

Os adestramentos durante a xornada do sábado foron “como unha seda” para o equipo galego. Logrando tempos moi próximos á pole position e sen incidencias destacables.

Na matinal do domingo, a primeira das carreiras, con máis de 30 coches na grella de saída, comezou moi ben. Despois dunha dura e apertada pelexa conseguiuse un quinto posto, resultado que dan por bo no seo do equipo.

A segunda das carreiras comezou coa aparición do coche de seguridade na segunda volta tras un accidente do italiano Gianluigi Vicinanza. Tras a continuación e cando Juan Campos rodaba preto dos postos de podium, un fallo na unidade que xestiona a alimentación de combustible facía que perdese postos, cruzando a bandeira a cadros en sétimo lugar.

“Nos  adestramentos do sábado os enxeñeiros do equipo fixeron un gran traballo cos reglaxes do noso Seat Leon, estabamos, sen dúbida, no grupo de cabeza da categoría máis dura do CER. Foi unha pena na segunda carreira que un pequeno fallo mecánico nos fixese caer ata o sétimo posto. Aínda así co quinto logrado na primeira carreira seguimos optando a postos de honra na clasificación final”  

A próxima cita será no Circuíto de Motorland, en Alcañiz a finais do mes de xuño.

1 de xuño de 2015 | 20:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.